O Concello de Oroso pon en marcha colonias felinas para asegurar o benestar dos gatos que viven na rúa de forma incontrolada e axudar aos veciños.
O Concello de Oroso puxo hoxe en marcha varias colonias felinas no municipio, co obxectivo de asegurar o benestar da poboación de gatos que vive de forma incontrolada na rúa e de axudar aos veciños que conviven cos felinos.
Na sociedade actual existe un clamor crecente en contra do maltrato animal e a favor do desenvolvemento de políticas proteccionistas. A Lei de Protección dos Animais vixente conleva un incremento das penas contra os maltratadores e promove a creación de colonias felinas controladas nos concellos.
O Concello de Oroso aplicará nos gatos incontrolados o método CES (captura, esterilización e solta). “É o máis eficaz para garantir a protección e a dignidade duns animais sanos e saneados”, sostén o alcalde, Manuel Mirás.
Para aplicar o método con éxito, o grupo de goberno de Oroso, xunto aos voluntarios de Protección Civil, instalou hoxe catro casetas nas zonas de concentración de gatos, que armonizan co entorno e permiten colocar no seu interior comida, composta por pienso seco. Desta maneira, é posible que a comida se manteña limpa e seca, suprimindo o efecto antiestético dos recipientes diseminados con comida.
As casetas consiguen fidelizar aos animais cun entorno seguro onde se atopan protexidos, o que favorece a súa captura paulatina, ao non ter medo para ser esterilizados. “O obxectivo final das casetas e do método CES é dotar aos gatos de identidade, vacunalos, desparasitalos e marcarlles as orellas para se identifiquen como animais esterilizados, sanos e controlados”, engade Mirás, que agradece “a colaboración e o control que fará Protección Civil”.
O Concello insiste en que está prohibido por lei abandonar aos animais e alimentar aos que viven de forma incontrolada, e pide a colaboración dos veciños para o coidado das casetas. Para as doacións de alimentos (O idóneo é pienso seco) poden chamar a Protección Civil (698 169443).