subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

A Aula CeMIT de Sigüeiro ofrece un curso de balde sobre o uso das aplicacións web gratuítas de Google.


orosoA Aula CeMIT de Sigüeiro organiza un curso sobre o uso das aplicacións web gratuítas de Google, tanto en plataforma web como móbil. Un curso gratuíto que terá lugar os días 1, 2, 3, 8, 9, 10 e 11 de outubro de 2018, en horario de 10:00 a 12:00 horas, na Aula CeMIT de Sigüeiro (Oroso). As inscricións poden realizarse na web https://cemit.xunta.gal/es/actividade/26438, nos mails cemit.oroso@xunta.es e educaoroso@concellooroso.com ou chamando ao 981 688 950.

O alumnado aprenderá a aproveitar tódolos recursos gratuítos das aplicacións online dispoñibles na plataforma de Google. Vincular as plataformas Web e móbil e beneficiarse da nube de Google para realizar copias de seguridade de ficheiros, documentos, contactos...

Contidos:
Alta e configuración da conta de Google.
Configuración de Gmail.
Configuración de Google Calendar.
Configuración de Google Drive.
Configuración de Google Docs.
Personalización de buscas.
Personalización de rutas con Google Maps e My Maps.
Uso de recursos como el tradutor, libros o shopping.