subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso inclúe no POS+2019 obras para mellorar a rede viaria, o saneamento e a rede de abastecemento de auga.


orosoO Concello de Oroso incluirá nas partidas do POS+2019 diferentes obras valoradas en 711.925 euros para mellorar a rede viaria no conxunto do municipio, o saneamento e a rede de abastecemento, entre outros proxectos.

Os proxectos decididos pola xunta de goberno liderada por Manuel Mirás serán aprobados nun próximo pleno municipal. “O rural do concello recibirá unha parte moi importante dos investimentos, que también se destinarán a melloras en Porto Avieira, a facer unha nova senda peonil e a traballos en Sigüeiro”, explica o alcalde de Oroso.

Eo concreto, as obras incluídas son, por un lado, a ampliación de rede de saneamento desde o núcleo de poboación de Os Carballos ata Vilar de Arriba, en Deixebre (139.241,39 euros), e a mellora da rede viaria nos lugares de Vilalbarro, a Estación de Oroso, Vilacide de Abaixo, a Igrexa e Riás (Oroso), Rial (Trasmonte), rúa Telleira, rúa Toxeira, avda. Compostela e rúa Portiño, en Sigüeiro (122.557,19 euros).

O Concello de Oroso tamén mellorará a rede viaria nos lugares de A Igrexa e Cas (Os Ánxeles), Vilar de Abaixo (Deixebre), e Zan e A Costa, en Trasmonte (275.672,04 euros), e a rede viaria nos lugares de Senra e Arderís (Senra), Vilanova (Oroso), rúa Emilia Pardo Bazán (A Gándara), e Carollo e Requeixo, en Cardama (138.309,11 euros).

Por último, as obras que o Concello de Oroso inclúe no POS + 2019 servirán para a ampliación de rede de abastecemento de auga desde o núcleo de poboación de Sar ata o núcleo de poboación de Cabanas, en Os Ánxeles (36.146,61 euros).

“Con estas obras e as que incluiremos nos orzamentos municipais do 2019, seguimos dando pasos para mellorar os servizos básicos, satisfacendo as demandas dos veciños e aumentado a súa calidade de vida”, engade o alcalde de Oroso, Manuel Mirás.