subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso demanda a inclusión nos orzamentos da Xunta para 2019 dun novo centro de día e melloras no saneamento do rural e na EDAR de Sigüeiro.


 

O Concello de Oroso demandou, a través das emendas presentadas polo grupo parlamentario socialista aos orzamentos da Xunta para o ano 2019, a construción dun novo centro de día, así como melloras no saneamento do rural e na Edar de Sigüeiro.

“A Xunta ignora Oroso a pesares do noso crecemento vexetativo, nos últimos anos tivemos moi poucos investimentos do goberno autonómico no noso concello, é unha situación inxusta que ten que cambiar”, sostén o alcalde, Manuel Mirás.

As melloras no saneamento en núcleos rurais estás valoradas en 400.000 euros, polos 150.000 euros nos traballos solicitados na Edar de Sigüeiro. “En nove anos, nin Augas de Galicia nin nigunha consellería da Xunta aportou nada ao Concello de Oroso para obras de saneamento e abastecemento”, explica Mirás.

“Os veciños e veciñas de Oroso fan un esforzo importante desde hai cinco anos a través do canon da auga, pero o concello non recibiu nin un só euro”, engade o alcalde, “e na Edar de Sigueiro a Xunta fixo unhas obras hai máis de sete anos pero as deixou mal”.

A recaudación do goberno galego en Oroso polo canon da auga foi de 89.357,13 euros no ano 2017, unha cantidade que será superior neste exercicio 2018.

Á marxe destas peticiones, o Concello de Oroso demanda un investimento de 700.000 euros nos orzamentos da Xunta para a posta en marcha dun novo Centro de Día no municipio. “A política social recae en gran medida nos concellos, outro aspecto que ten que cambiar, non hai un equilibrio”, remata Manuel Mirás.