subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

II xornadas de pilotaxe de drons.


As xornadas levaranse a cabo os días 17, 18 e 20 de decembro dende as 16:30 ata ás 18 horas.

orosoOs drons estanse a converter unha ferramenta esencial no entorno laboral e de aprendizaxe, por iso desde a Aula de Formación EducaOroso póñense en marcha estas segundas xornadas de pilotaxe de drons que forman parte dun programa específico de innovación é tecnoloxía no que se foron traballando conceptos como a impresión 3D, a programación por bloques, a robótica ou a automatización de procesos con Arduino enmarcadas dentro do “Plan de inclusión dixital do Concello de Oroso”.

En esta ocasión celebraránse tres xornadas que constarán de unha parte teórica onde se describirán os compoñentes dos drones, como ensamblalos e as bases para configuración da aeronave dende o ordenador, e dunha parte práctica onde se adestrará a pilotaxe usando un dron que deberá recorrer un ou varios circuitos deseñados para mellorar o manexo do equipo.

As solicitudes levaranse a cabo no polideportivo municipal de Sigüeiro onde tamén terán lugar as xornadas, polo carácter práctico da actividade.