subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O grupo de goberno liderado por Manuel Mirás acondiniona o espazo que ocupaba a antiga escola vella de Oroso para facer unha praza pública.


orosoO Concello de Oroso acondiciona o espazo que ocupaba a antiga escola vella de Oroso, na parroquia do mesmo nome (lugar de A Igrexa), e os veciños e veciñas da zona terán unha praza pública con xardín e mobiliario de descanso.

“As obras forman parte do proceso de humanización do concello, para habilitar vellas infraestruturas e convertilas en zonas de lecer e descanso”, sostén o alcalde de Oroso, Manuel Mirás (adxuntamos fotografías de Mirás e a concelleira Beatriz Rodeiro visitando os traballos).

Esta iniciativa da resposta ademais ás demandas dos veciños da parroquia de Oroso. O concello transformará a escola vella para que o municipio gañe unha nova zona de lecer, pensando sobre todo na primavera e o verán.

O Concello de Oroso deu nos últimos meses un forte impulso ao proceso de humanización do municipio, tanto no centro urbano de Sigüeiro como nas parroquias.

O grupo de goberno procedeu a instalación de novas marquesiñas nas paradas do autobús escolar, e tamén se colocaron novos bancos nas sendas para facilitar o descanso dos peóns, así como papeleiras e macetas.

“É unha obriga para o concello mellorar os servizos que lle damos aos nosos veciños, recollendo as peticións dos residentes no centro e nas parroquias para facilitar a súa vida diaria”, asegura o alcalde, Manuel Mirás.