subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso modifica o PXOM para adaptalo ao novo trazado do Camiño Inglés e ampliar varios núcleos de poboación.


“O plan xeral é un documento que imos modificando para mellorar as condicións de vida dos nosos veciños”, sostén Manuel Mirás

orosoO grupo de goberno do Concello de Oroso, liderado por Manuel Mirás, aprobou unha modificación do Plan Xeral de Ordenamiento Municipal (PXOM) para adaptalo ao novo trazado do Camiño Inglés.

A modificación puntual do plan xeral permitirá tamén o estudo detido e a protección de novos vestixios arqueolóxicos que a Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta atopou no Concello de Oroso.

“O plan xeral é un documento que imos modificando para mellorar as condicións de vida dos nosos veciños, a configuración dos núcleos de poboación no concello e as comunicacións”, sostén Manuel Mirás.

De feito, esta nova modificación do PXOM servirá para modificar e ampliar varios núcleos de poboación en diferentes parroquias do municipio, adaptando a redacción do texto ás necesidades dos veciños e veciñas.

O pasado mes de setembro de 2018, o pleno do Concello de Oroso aprobou provisionalmente outra modificación puntual do PXOM para posibilitar un cambio nas ordenanzas municipais, naquel caso para eliminar a zona saturada de ruidos.