subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso convoca a cuarta edición do seu certame de traballos de investigación do Camiño Inglés


 

orosoO Concello de Oroso, a través da súa concellería de Turismo, convoca a cuarta edición do seu certame de traballos de investigación do Camiño Inglés. Os traballos deben referirse a calquera faceta do Camiño Inglés (histórica, lingüística, xeográfica, botánica ou ecolóxica) tanto en Galicia, como noutras partes de España ou outros países.

Os traballos poden ser presentados en galego normativo, castelán ou inglés, e deberán ser orixinais e inéditos. Aceptaranse os que foran presentados a outros certames sempre e cando non recibiran premio nin mención algunha, nin foran posteriormente publicados en calquera tipo de soporte.

Establécense tres categorías: investigadores, peregrinos maiores de idade (diarios de peregrinos e experiencias persoais) e mozos ata os 18 anos.

O prazo para presentar traballos remata día 13 de abril ás 14.00 horas. “Non é só un certame para historiadores, senón que está aberto a biólogos, farmacéuticos, filólogos ou expertos en turismo, por citar varios exemplos”, asegura Antonio Leira, concelleiro de Turismo de Oroso.

En total hai nove premios, 1.000 euros é o primeiro no apartado de investigación. A extensión mínima dos traballos será de 18.000 caracteres para investigadores, 5.000 para peregrinos e 2.500 para menores de 18 anos.

O concello se amosa desde hai anos moi activo en todo o referente ás peregrinacións, ata o extremo de abrir o único centro de mundo dedicado ao estudo dese sendeiro medieval que procedía da Coruña e Ferrol para rematar en Compostela: o CEICI, Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés.