subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Máis de 1.500 persoas asistiron ao desfeli e concurso de comparsas e disfraces de Oroso


orosoÉxito no tradicional desfile e concurso de disfraces de Oroso, con arredor de 1.500 persoas no pavillón e polas rúas de Sigüeiro. Na categoría infantil, a gañadora na modalidade individual foi ‘A raíña do xeo’, mentres que o finalista foi ‘Contigo aprendín’; nos grupos, gañaron ‘As aves do paraíso’ e os finalistas foron ‘Live Sigüeiro (Queen)’; mentres que nas comparsas gañaron ‘Segunda Xuventude’ e os finalistas foron ‘Superheroes de Galiza’.

En adultos, gañou ‘O Dragón máxico de reciclaxe’ en categoría individual, sendo finalista ‘O monte non é un vertedoiro’; en grupo, finalistas ‘Os unicornios’ e gañador ‘O retorno de Steampuk’, mentres que nas comparsas gañaron ‘Fantasía na fraga’ e os finalistas foron ‘Os indios das neves’. O premio especial do xurado foi para ‘Somos criminais’.

As comparsas participantes saíron ás 17:30 horas do pavillón de deportes e fixeron un percorrido polas rúas de Sigüeiro. O concello repartiu máis de 3.000 euros en premios e houbo ata a noite actividades de animación, inchables, premios, música e moita diversión.

Ademais, procedeuse tamén á entrega de premios dos concursos de máscarase o de receitas ‘En galego sabe mellor’.

Mañá, luns 4 de marzo, ás 19.00 horas no centro cultural, chegará o turno da festa de disfraces, cun discomóbil para nenos e nenas con dj, mascota e obradoiro de maquillaxe. Os asistentes poden colaborar levando filloas, orellas e outros productos típicos de Entroido.