A Biblioteca Municipal de Oroso estará dispoñible 24 horas o día para as persoas que necesiten un espazo de estudo
A Biblioteca Municipal de Oroso, cun proxecto de ampliación para incrementar os servizos que presta, estará disponible as 24 horas do día para todas aquelas persoas que necesiten un espazo para estudar ou ler, evitando desta forma os desprazamentos a outras instalacións en concellos como Santiago.
“Será unha biblioteca intelixente, cun dispositivo de acceso mediante recoñecemento ou pegada dixital, non sendo posible o acceso de persoas que non estivesen previamente recoñecidas”, explica o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira.
Esta iniciativa forma parte do proxecto de remodelación do centro cultural Fernando Casas Novoa, coa posta en marcha dun auditorio e a ampliación da biblioteca.
Todas as mesas da biblioteca estarán dotadas dun ordenador con pantalla instalada na propia mesa e un teclado dixital protexido, unas instalacións con tecnoloxía de última xeración e vixiadas por cámaras para garantir a seguridade dos usuarios as 24 horas do día.
“Deste forma, daremos resposta ás demandas que non fan chegar os mozos e mozas que estudan e en época de exámenes teñen que desprazarse a Santiago para ter unha biblioteca á súa disposición en horario nocturno”, explica Mirás.
Os traballos para habilitar a Biblioteca Municipal de Oroso a estas novas capacidades comezarán a curto prazo.