Melloras nos pasos de peóns de Sigüeiro
Nos últimos días, fixéronse traballos de mellora en varios pasos de peóns do casco urbano de Sigüeiro, unha actuación necesaria para mellorar a seguridade, tanto dos peóns como dos conductores.
Esta iniciativa forma parte do plan integral de mellora do tráfico e a seguridade viaria, tanto en Sigüeiro como nas parroquias do municipio, uns traballos que seguirán nos próximos meses.
Nas últimas semanas, púxose en marcha unha senda peonil e nova sinalización horizontal na urbanización Porto Avieira, así como diferente sinalización vertical e horizontal na parroquia de Trasmonte, á altura da escola unitaria e do local social.
Houbo tamén outros traballos noutros puntos de Oroso, como na estrada que une Os Carballos con Recouso na parroquia de Deixebre.
“Hai previstas a curto prazo outras actuacións, melloras na sinalización que en moitos casos demandan os veciños e veciñas nas reunións que mantemos con eles, a seguridade ten que ser unha prioridade”, sostén Antonio Leira, concelleiro de Tráfico de Oroso.