subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O alcalde de Oroso promociona en Góis o seu patrimonio natural e a Festa da Troita


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás, estivo no municipio luso de Góis para promocionar o patrimonio natural do municipio coruñés e a súa Festa da Troita.

Mirás asistiu ao ‘Día do Municipio’ de Góis, concello irmandado con Oroso. Estivo nos actos centrais da conmemoración, onde protagonizou unha das intervencións, e preparau unha degustación de troita na rúa que serviu para dar a coñecer a Festa da Troita.

“Unha vez máis, estou moi satisfeito pola boa acollida que tivemos, Oroso está hoxe en día no mapa turístico”, asegura o alcalde.

“Nos últimos anos, aumentou moito o grado de coñecemento e o interese polo noso concello en Portugal”, engade Mirás. O día 6 de setembro, Oroso inaugurará o certame internacional GóisOroso Arte.

Ademais da gastronomía e a natureza, Oroso é cada día máis coñecido polo seu papel na revitalización do Camiño Inglés.

O grupo de goberno está desde hai anos moi activo en todo o referente ás peregrinacións, ata o extremo de abrir o único centro de mundo adicado ao estudo dese sendeiro medieval que procedía da Coruña e Ferrol para rematar en Compostela: o CEICI (Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés).