subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Visita da conselleira de Educación da Xunta a Oroso


orosoA conselleira de Educación da Xunta, Carmen Pomar, realizou hoxe unha visita ao CEIP Camiño Inglés, na que estivo acompañada pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, a concelleira de Ensino, Isabel Fernández, e outros membros do grupo de goberno e da corporación municipal.

Tras percorrer as instalacións do centro, participaron nunha das sesións da iniciativa Lecturas no Camiño, na que un can compaña aos nenos e nenas na sesión de lectura.

O ensino público é unha prioridade para o Concello de Oroso, que mantén ademais un Colexio Rural Agrupado (CRA).