subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Entradas para animar ao Obradoiro


orosoO Concello de Oroso, en colaboración coa Deputación da Coruña, pon a disposición dos nenos e nenas de Oroso de 6 a 16 anos un total de 45 entradas para ver ao Obradoiro CAB.

As entradas son para o partido contra o Movistar Estudantes de Madrid, o sábado 28 de decembro ás 18.00 horas. Entre o día 19 e o 26 poden retiralas no Centro Deportivo ata completar as 45 entrdas. O concello desenvolve desde hai tempo este tipo de iniciativas, xa que os nenos e nenas de Oroso puideron ir tamén a partidos do Deportivo da Coruña de fútbol ou o Liceo de Hoquei.

En baloncesto, o concello ten un convenio de colaboración co Obradoiro e hai semanas entregou ademais material ao club Camiño Inglés, na liña de cooperación con todos os clubes deportivos do municipio.