subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Nova reunión da comisión municipal de seguimento da COVID 19 no Concello de Oroso


orosoNo día de hoxe, celebrouse unha nova xuntanza da Comisión Municipal de Seguimento da COVID 19 coa participación de todos os grupos da corporación. Na reunión, cordial e frutífera, acordouse potenciar aínda máis o servizo de atención aos colectivos máis vulnerables. O concello agradece neste eido as doazóns e as accións que determinadas empresas están a facer e forma anónima.

Potenciaremos tamén os traballos de limpeza e desinfección dos espazos públicos iniciados o 17 de marzo, tanto no casco urbano como nas parroquias.

O portavoz do PP informou de que aínda había xente que acudía aos locais sociais das parroquias, polo que persoal da Policía Local e de Protección Civil procedeu a precintar as instalacións.

oroso O concello está en contacto continuo co centro de saúde para coordinar medidas e recomendacións á veciñanza. Os datos sanitarios dos que dispón o Concello de Oroso son os que publica no seguinte enlace a Consellería de Sanidade: https://coronavirus.sergas.gal/

En canto a residencia de Maiores de Porto Avieira, non temos constanacia de ningún tipo de incidencia.

O Concello de Oroso traballa tamén para mellorar a cobertura dalgúns alumnos e alumnos con dificultades para seguir a Aula Virtual posta en marcha polos centros educativos.

Por último, o Concello de Oroso transmite de novo un chamamento a toda a veciñanza de responsabilidade, quedándose na casa ante o estado de alarma sanitario que estamos a vivir.

Coa colaboración de todos, recuperaremos o antes posible a normalidade. Grazas!