subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Sinalización das fontes con billa


orosoO Concello de Oroso procedeu á sinalización das fontes con billa que hai no municipio, desaconsellando o consumo de auga destas fontes mentres dure a alerta sanitaria.

O concello procedeu a esta actuación para atender as recomendacións feitas desde a Xunta de Galicia.

Por outra parte, o concello lembra a importancia de manter todas as recomendacións durante o fin de semana, evitando as reunións familiares ou de amigos.

Os contactos sociais aumentan o risco de contaxios, polo que apelamos á vosa responsabilidade para recuperar a normalidade o antes posible.