subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Reunión informativa da corporación local de Oroso


orosoEsta mañá, todos os concelleiros e concelleiras da corporación local mantiveron unha reunión por videoconferencia, na cal participaron tamén todos os concelleiros da oposición.

Os voceiros de PP e Oroso Renovable pediron que puidesen participar os seus concelleiros e, co acordo do grupo de goberno, celebrouse o encontro para actualizar todas as medidas postas en marcha pola crise do coronavirus.

-O concello continúa cos labores de desinfección e limpeza das rúas e negocios esenciais, tanto no casco urbano como no rural.

-O persoal de Protección Civil continuará nos próximos días co reparto de mascarillas ás persoas maiores de 60 anos que o soliciten, os grupos de risco e os establecementos de servizos e productos de primeira necesidade abertos no concello. Nas próximas datas, o concello conta recibir o pedido de 2.300 mascarillas máis.

-Tamén continúa o reparto de alimentos e medicamentos ás persoas maiores e os colectivos vulnerables. -Desde Servizos Sociais organízanse tamén visitas ás persoas que o necesiten e impulsouse o servizo de Teleasistencia da Deputación da Coruña.

-CON RESPECTO AOS DATOS DE INFECTADOS, o Alcalde informou que acaba de recibir os datos desglosados de usuarios do centro de saúde con coronavirus. Son un total de 17, dos cales 3 son de Trazo, 2 de Santiago, 2 proceden da residencia José Otero (tamén en Santiago) e 2 son traballadores do CHUS de Santiago. Hai outros oito infectados e o centro de saúde informa que unha parte importante deles participaron nunha viaxe do Imserso, no que posiblemente contraíron o virus.

Destas 17 persoas, oito recibirán a alta nesta mesma semana y 1 está na UCI. O Concello de Oroso deséxalle unha pronta recuperación a todos!

O concello agradece o traballo do persoal do centro de saúde e das forzas de seguridade (Guardia Civil, Policía Local e Autonómica). O concello agradece de forma moi afectuosa o intenso traballo que está a desenvolver Protección Civil de Oroso.

Agradecementos tamén á Mancomunidade de Ordes, á Xunta e a Deputación da Coruña, que liberou fondos para axudar aos concellos e axilizou a tramitación do servizo de teleasistencia.

O Concello de Oroso agradece tamén as doazóns das empresas del concello e o comportamento da inmensa maioría da poboación, solicitando responsabilidade aos poucos que non respectan o confinamento.

Coa colaboración de todos, pronto recuperaremos a normalidade! GRAZAS!