subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Reparto de mascarillas e paseos na xornada de mañá en Oroso


orosoO persoal de Protección Civil de Oroso rematará esta tarde o reparto de 700 mascarillas aos nenos e nenas de 3 a 7 e de 7 a 14 anos.

O luns, o concello conta con recibir unhas 300 unidades máis para continuar cunha segunda quenda por cada fogar, para desta maneira ter protexida a toda a poboación residente no municipio.

Durante a xornada de mañá, domingo, a Policía Local e Protección Civil velarán durante todo o día para que a saída á rúa dos nenos e nenas acompañadas de maiores sexa ordenada, cumprindo con todas as recomendacións sanitarias e de seguridade.

Desde o concello, o luns tamén se lle darán indicacións ao efectivos de Protección Civil para que teñan listos os productos de protección (EPI) que se destinarán á desescalada de pequeno comercio, barberías, clínicas ou autónomos.

Apelamos á vosa responsabilidade para respectar as recomendacións e medidas. Desta sairemos xunt@s e colaborando! Grazas!