Falece José Daniel Liste Moscoso
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, en nome do conxunto da corporación local, funcionarios e persoal laboral, quere expresar as súas condolencias polo pasamento de José Daniel Liste Moscoso, que foi funcionario do noso concello durante máis de 40 anos. Deixa unha fonda pegada entre os seus achegados, aos que lle enviamos unha agarimosa aperta. DEP
Lembramos a publicación da nova publicada en xaneiro do ano 2011, cando o Concello de Oroso lle otorgou a primeira insignia de ouro do Concello de Oroso polos seus 42 anos de traballo.
https://www.concellooroso.com/show_content.php?section=2&subsection=8&content=1111