subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Oroso axuda aos seus veciños no trámite do Ingreso Mínimo Vital


orosoO Concello de Oroso habilita un servizo de axuda para os cidadáns na solicitude do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación moi necesaria nestes momentos, e que servirá de sustento a miles de fogares, da seguinte maneira:

- Informamos da prestación e os seus requisitos de acceso.
- Asesoramos nos documentos que deben presentar.
- Mostramos as distintas vías de presentación da solicitude.
- Deixando un ordenador para que poidas realizar a túa solicitude.

Será preciso acudir con cita previa, chama ao 981 97 36 71 e solicita a túa cita.

PRAZOS

Desde o 15 de xuño xa se poden presentar as solicitudes na páxina web da Seguridade Social www.seg-social.es.

Para que os beneficiarios poidan solicitar a documentación e non sufran perda de dereitos en todas as solicitudes presentadas ata o 15 de setembro os efectos económicos da prestación retrotraeranse ao día 1 de xuño.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA

- Acreditación da identidade (DNI/ NIE)
- Acreditación da residencia legal en España
- Certificado de empadroamento colectivo e histórico onde consten todas as persoas e datas empadroadas no domicilio, e a data de antigüidade.
- Libro de familia que acredite afiliación das persoas que forman parte da unidade de convivencia.
- Declaración responsable ingresos e patrimonio
- Outra documentación que poida ser necesaria en determinados casos (sentenza de garda e custodia, convenio regulador , copia da demanda de separación ou divorcio…)

XEITOS DE PRESENTAR

- Formulario con identificación electrónica
- Formulario sen identificación electrónica
- Correo postal
- Presencial, só con cita previa nun centro de atención e información da seguridade social: 900 20 22 22


No seguinte enlace podes descarga a guia IMV

Descarga a solicitude