O Concello de Oroso acollerá a Andaina Primavera no Camiño, organizada pola asociación de Concello do Camiño Inglés
O Concello de Oroso será o escenario o próximo 4 de xullo da Andaina Primavera no Camiño, organizada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés, cuxo presidente é Manuel Mirás, alcalde de Oroso.
Convidamos a aquelas persoas que queiran participar a percorrer o Camiño Inglés polo Concello de Oroso, dende Baxoia ata Ponte Sigueiro.
Hai dispoñibles 50 prazas que se cubrirán por orde de inscrición no correo electrónico info@oroso.gal ou chamando ao teléfono 981 691 478
As persoas que participen sairán ás 9:45 horas da mañá en autobús dende a parada de autobús fronte a Rafra ata a Baxoia.
O prazo de inscrición remata o 2 de xullo.