subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Carreira virtual Oroso 2020


orosoFinalizada a Carreira virtual Oroso 2020, que organizou o Club Atletismo Tambre coa colaboración do Concello de Oroso e da Asociación 'Sigüeiro Vende', este venres, 3 de xullo, terá lugar o sorteo de 10 vales de 25 euros para que os agraciados que participaron nesta carreira os poidan gastar en calquera dos comercios da asociación SIGÜEIRO VENDE.

Esta iniciativa ten como obxectivo reactivar e fomentar as compras no comercio local.