subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Entrega dos vales da Carreira Virtual Oroso


orosoO concelleiro de Deportes, Antonio Leira, xunto coa representante da asociación Sigüeiro Vende, Eva Carreira, e o representante do Club Atletismo Tambre, David Senra, fixeron entrega dos 10 vales que aportou o concello para canxear nas tendas asociadas a Sigüeiro Vende, despois de realizarse o sorteo entre todos/as os participantes da I Carreira Virtual en apoio ao comercio local.

O Concello e as mencionadas asociacións agradecen a gran participación e colaboración de todos/as deportistas neste evento para apoiar ao noso comercio.