subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Rematadas as obras de renovación da estrada que une as parroquias de Senra e Cardama


orosoO Concello de Oroso informa á veciñanza do remate das obras de renovación da estrada que une as parroquias de Senra e Cardama.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, visitou as obras, que se realizaron en concreto no vial que une Couso, en Senra, con Ponte Carollo. O novo firme mellora a seguridade viaria e a circulación de vehículos.

Os traballos deron ademais resposta a unha demanda dos veciños e veciñas de ambas parroquias, que pediron ao concello unha renovación do firme da estrada, en moi mal estado debido as cortas de madeira que se produciron unha vez rematada a concentración parcelaria.

Estes traballos únense aos anunciados o martes en vías e camiños no municipio para mellorar o tráfico no parque empresarial e en varias parroquias.

En concreto, haberá traballos de aglomerado asfáltico no parque empresarial de Sigüeiro cun investimento de 52.138 euros. Por outra parte, o concello adxudicou tamén obras de aglomerado desde o núcleo de Piñeirón ata a urbanización Porto Avieira, neste caso cun orzamento de 30.000 euros.

Por último, se procederá a realizar melloras na estrada que vai desde o lugar de Cabanas, na parroquia de San Mamed de los Ángeles, ata ponte Carneiro, punto límitrofe co Concello do Pino.

“Son actuacións do plan integral que desenvolvemos no Concello de Oroso para renovar de forma constante os servizos e infraestruturas municipais, tanto no casco urbano como nas parroquias”, explica o alcalde, Manuel Mirás Franqueira.