subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actualización COVID-19 no Concello de Oroso


orosoNo Concello de Oroso hai hoxe, mércores 25 de novembro, 27 casos activos de coronavirus, segundo nos comunican da xerencia da área sanitaria. Todos eles están recuperándose nos seus domicilios. Non hai ningún ingresado nos hospitais.

A incidencia acumulada no concello é de 373 casos por cada 100.000 habitantes.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, participou esta mañá con outros alcaldes e alcaldesas nunha reunión por videoconferencia coa Consellería de Sanidade, na que se lles comunicou que as medidas e restricións se levantarán pouco a pouco naqueles concellos con boa situación epidemiolóxica.

É fundamental que manteñamos o esforzo colectivo durante as próximas semanas. Agradecemos o comportamento da veciñanza e facemos un chamamento á responsabilidade de todos para evitar que os casos sigan a medrar.

Lembrade que ata o 4 de decembro están activas as medidas postas en marcha pola Xunta de Galicia en máis de 60 concellos, entre eles Oroso. As principais son:

⭕️ Peche perimetral do Concello de Oroso.
🍽 Peche dos establecementos de hostalería (só se permite servizo a domicilio ou para recoller no local e levar).
👕 Aforo limitado ao 50% no comercio.
🎭 Limitación de aforos en cines, teatros e auditorios.
❎ Continúa o toque de queda de 23:00 a 6:00 h.
👟 A práctica deportiva terá que ser individual.

Agradecemos a vosa colaboración, temos que frear a curva, respectando as medidas e reducindo a interacción social, sobre todo nos espazos interiores.