subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Pasamento de Pedro Suárez


orosoO alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, en nome do conxunto da corporación local e do persoal municipal, quere manifestar o seu profundo pésame polo pasamento de Pedro Suárez Lorenzo, ex traballador do concello e membro da Agrupación de Protección Civil.

Unha persoa moi querida en Oroso, deixa unha profunda pegada en todos aqueles que o coñeceron, polo que desde o concello queremos enviar unha agarimosa aperta á súa familia e a todos os seus achegados e amigos.

A familia agradece todas as mostras de apoio e condolencia. Os actos fúnebres celebraranse na intimidade, co obxectivo de evitar as aglomeracións na actual situación sanitaria.

DEP