subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actualización de datos, cribado e novas medidas COVID-19 no Concello de Oroso


orosoNo Concello de Oroso hai a día de hoxe, 26 de xaneiro, 61 casos activos de coronavirus, segundo os datos facilitados pola xerencia da área sanitaria.

A situación é polo tanto a mesma que o venres pasado, cun número de casos moi elevado para a poboación que ten Oroso. A evolución epidemiolóxica é negativa e demanda responsabilidade por parte de tod@s!

O concello acaba de recibir a confirmación da Xunta de que o Sergas fará un cribado no municipio. A proba, solicitada polo grupo de goberno de Oroso, servirá para detectar asintomáticos e frear a curva de contaxios. SERÁ ESTE XOVES, VENRES E SÁBADO POLAS TARDES. Os candidatos serán informados por SMS e as probas faranse no centro de saúde. Daremos máis información nas próximas horas.

Ante o incremento de contaxios e hospitalizacións, a Xunta de Galicia anunciou onte novas medidas de obrigado cumprimento en toda a comunidade autónoma.

Entran en vigor mañá e manteranse inicialmente durante 3 semanas, ata o 17 de febreiro.

Entre as medidas anunciadas, destacan as seguintes:

As reunións e interaccións sociais quedan limitadas aos convivintes.

A mobilidade redúcese ao propio concello salvo para ir a traballar, á escola ou ao médico.

O toque de queda mantense nas 22.00 horas.

As universidades non reanudarán as clases ata o 8 de febreiro, e entre o 8 e o 17 de febreiro serán online. Seguirán abertas as escolas, os colexios e os institutos.

Peche total da hostalaría. Estará permitido facer comida para levar e servizo a domicilio.

O comercio non esencial poderá estar aberto ata as 18.00 horas exclusivamente. Os supermercados ou farmacias ata as 21.30 horas.

A práctica deportiva queda restrinxida ao deporte individual, ao aire libre e con máscara.

Péchanse os centros sociais como clubes de xubilados ou semellantes.

Suspéndese a actividade de museos, bibliotecas e calquera outro establecemento cultural.


O Concello de Oroso fai un chamamento ao cumprimento das normas e á responsabilidade individual para frear a curva de contaxios. ESTÁ EN XOGO A SAÚDE DE TOD@S!