subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, demanda que sexan os concellos "os que xestionemos o 1% hostaleiro para evitar un reparto arbitrario e caciquil por parte da Xunta"


images/fotos/alcaldia20201224.jpg

orosoO alcalde do Concello de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, considera imprescindible que sexan as administracións locais as que xestionen o novo fondo galego de axuda á hostalaría.

“Ninguén mellor que os propios concellos para xestionar as axudas porque coñecemos exactamente os negocios afectados, se o reparto depende da Xunta de Galicia será arbitrario e caciquil”, advirte.

“Os concellos da provincia da Coruña fumos os encargados de xestionar o PEL-Reactiva da Deputación, tamén para a hostalaría e o comercio, e as axudas chegaron a todos por igual, foi un reparto feito por criterios meramente obxectivos”, lembra.

“Calquer alcalde ou alcaldesa de Galicia coñece cales son os criterios da Xunta á hora de repartir axudas, beneficiando máis aos concellos do PP”, lamenta Mirás Franqueira.

O pleno do Concello de Oroso aprobou esta mañá unha moción do grupo de goberno para apoiar a proposta da Deputación da Coruña de crear un Fondo de Cooperación Galego dirixido a dar axudas directas á hostalaría, un dos sectores máis afectados pola pandemia do coronavirus.

O fondo ten como obxectivo que a Xunta, as deputacións e as administracións locais galegas destinen o 1% do seu orzamento de 2021 a axudar á hostalaria.