Retoque fotográfico con GIMP
Informase tamén da dispoñibilidade de Webinars.
A aula de formación EducaOroso pon en marcha un novo curso de retoque fotografía a través do software libre GIMP. As xornadas terán lugar pola mañá de 10:00 a 12:00 horas de o martes 2, mércores 3, xoves 4, luns 8 e martes 9 de febreiro.
O obxectivo de esta actividade é aprender o manexo básico do software GIMP. Empezando polo uso das ferramentas que nos proporciona este programa, aprenderemos a crear carteis sinxelos, facer pequenos retoques nas nosas fotos e realizar montaxes simples combinando os coñecementos aprendidos.
Contidos
· Introdución da interface gráfica
· Conceptos básicos de imaxes dixitais
· Uso de capas
· Ferramentas de selección
· Uso de outras ferramentas
· Retoques que podemos facer nas nosas fotos
· Cartel sinxelo
· Montaxes simples
Solicita a túa praza no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/actividade/35458 ou achégate a Aula Mentor EducaOroso (Rúa do Deporte, nº 7 – Sigüeiro).
Nota: A causa da excepcional situación que se está a vivir pola COVID-19 a actividade levarase a cabo a través de vídeo conferencia,e so se ofertarán prazas presenciais atendendo a situacións nas que o interesado non poida seguir a actividade de outro xeito.
Webinars
Por outra banda informamos tamén da dispoñibilidade dos seguintes Webinars:
Pautas básicas de seguridade informática para menores dirixido a pais, nais e titores
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35460
Iniciación á programación- nivel básico
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35461
Aplicacións para a xestión da economía
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35462
Iniciación á programación- nivel medio
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35463
Plataformas de formación en liña, mellorando as túas competencias dixitais desde a casa
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35464
Iniciación ao retoque fotográfico- I
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35465
Iniciación ao uso do smartphone Android
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35466
Iniciación ao retoque fotográfico II
Solicitude: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/35467
A duración das sesións, de xeito orientativo, será entre unha hora e cuarto ou e media