subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Actualización datos COVID-19 e cribado no Concello de Oroso


orosoNo Concello de Oroso hai a día de hoxe, 2 de febreiro, 54 casos activos de coronavirus, segundo os datos facilitados pola xerencia da área sanitaria.

As cifras reflicten un descenso de casos con respecto aos 64 do pasado venres, pero a situación epidemiolóxica continúa sendo preocupante en Oroso.

Desde o concello facemos un chamanento a todos aqueles veciños e veciñas que foron convocados ao cribado para que acudan ás probas, que comezaron onte e continuarán esta tarde e mañá.

Esta proba, solicitada polo grupo de goberno de Oroso, servirá para detectar asintomáticos e frear a curva de contaxios. Os candidatos son informados por SMS e as probas fanse no centro de saúde.

Co obxectivo de consolidar a mellora nos datos, o Concello de Oroso solicita á veciñanza que se limite ás actividades esenciais, cumpra as normas e evite a interacción social.

Os veciños e veciñas de Oroso deben saír só de casa para traballar, estudar, consultas médicas ou xestións de primeira necesidade. Está en xogo a saúde de todos!

Para aquelas persoas que vivan soas e estén enfermas ou formen parte dun grupo de risco, lembrade que poden chamar ao seguintes teléfonos para emerxencias ou adquisición de alimentos e medicinas:

-SERVIZOS SOCIAIS 981 688 950
-PROTECCIÓN CIVIL 698 169 443
-ALCALDÍA 638 050 451

PEDIMOS RESPONSABILIDADE! GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!