Novas medidas Covid-19 no Concello de Oroso
No Concello de Oroso hai a día de hoxe, 23 de febreiro, 16 casos activos de coronavirus, segundo os datos facilitados pola xerencia da área sanitaria. Desexamos unha pronta recuperación ás persoas que teñen a enfermidade.
Como xa sabedes, a Xunta de Galicia anunciou onte novas medidas e restricións Covid-19, que entrarán en vigor desde o próximo venres, día 26 de febreiro.
DESDE O CONCELLO DE OROSO QUEREMOS FACER UN CHAMAMENTO á veciñanza. É FUNDAMENTAL manter a prudencia e respectar todas as medidas de seguridade e hixiene, limitando a interacción social. Está en xogo a saúde de tod@s e a reactivación da economía!
Se queremos que os locais de hostalaría non volvan pechar ou que non cheguen novas limitacións a outros sectores como o comercio, temos que coidarnos e coidar aos demais. AS NOVAS MEDIDAS non supoñen que podamos facer xa todo tipo de plans ou xuntanzas
Á espera de concretarse as restricións no DOG, nun principio o Concello de Oroso queda nun TERCEIRO NIVEL, ao ter unha incidencia inferior a 250. Algunhas das novas medidas que entrarán en vigor son:
☕️ Reapertura da hostalaría ata as 18:00 horas e con limitacións de aforo: 50% nas terrazas e 30% no interior. Barras pechadas.
👩👩👧👧 Están permitidas as reunións de ata 4 persoas non conviventes.
🚗 Os veciños e veciñas poderán moverse a outros concellos dentro do mesmo nivel de incidencia.
🧘♀️ Reapertura dos ximnasios e piscinas. Permítese o deporte en grupos de ata 4 persoas non conviventes pero sempre con máscara.
⚽️ Os clubes federados poden iniciar os adestramentos baixo os protocolos de cada federación (poden poñerse en contacto coa Concellaría de Deportes para organizar a volta aos adestramentos).
📚 A biblioteca, cun 30% de aforo, está aberta de 09.30 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.30 horas.
👉 A próxima fin de semana poderán volver abrir os centros comerciais.
💼 Universidades: O luns 1 de marzo retomaranse as clases presenciais.
Cando se publique a orde na DOG daremos más información.
PEDIMOS A VOSA COLABORACIÓN para manter a boa liña na evolución da pandemia e non dar pasos atrás. Está en xogo a saúde de tod@s! GRAZAS!