subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Día de Rosalía de Castro


orosoA Concellaría de Mulleres, Ensino, Benestar Social e Política Lingüística do Concello de Oroso conmemora un ano máis o Día de Rosalía de Castro. Para este 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da nosa autora, a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega proponlle desde 2010 á cidadanía que agasalle cun libro en galego e cunha flor ás amizades e persoas queridas, proposta á que nós nos sumamos desde o seu inicio.

Desde a concellaría este ano levaremos á rúa os versos da cantora do Sar para que queden fixados nos nosos pasos de peóns, así como outras actividades vinculadas ao eido educativo (roteiro rosaliano). Agora, máis ca nunca, debemos contaxiarnos da forza e da viveza dos seus cantares para proxectalos neste 2021, abrazando todo o bo que nos rodea, que sabemos que é moito, e impulsando a cultura para recuperar o cotián cos ollos da ilusión!

Así hoxe no teu aniversario, habémoste cantar, Rosalía.
Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na beira do mare.
Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.