subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Autocine: 'María Solinha' en Oroso


orosoEste próximo domingo, 14 de marzo, na Alameda de Góis ás 19:45 horas, proxectarase a estrea de ‘María Solinha’, un filme de Ignacio Vilar (A esmorga, 2014), coa muller e o galego como protagonistas absolutos.

O director leva á gran pantalla a lenda dunha muller icónica, condenada pola Inquisición, cun relato que se move entre o século XVII e o XXI. Grial Montes e Laura Míguez protagonizan a versión contemporánea da lenda dunha figura visionaria cuxo anhelo de liberdade a converteu en icona feminista.

O aforo é limitado. A reserva de prazas para os vehículos farase na web www.autocine.gal.