Información actualizada COVID-19
O Concello de Oroso tivo hoxe coñecemento, a través da xerencia da área sanitaria, de que o número de casos positivos no municipio pasou de CERO A OITO en moi poucos días.
Somos conscientes de que a situación é complicada en todos os aspectos, pero este cambio repentino da situación epidemiolóxica é de novo moi preocupante.
FACEMOS UN CHAMAMENTO Á VECIÑANZA: ou cumprimos de forma rigurosa as medidas e recomendacións ou o gromo irá a máis, co que será necesario aumentar as restricións e dar de novo pasos atrás.
ESTÁ EN XOGO A SAÚDE DE TOD@S E A ECONOMÍA LOCAL!! A evolución epidemiolóxica é outra vez negativa e demanda responsabilidade por parte de tod@s!
LEMBRADE:
Os locais de hostalaría deben precintar as mesas que non poidan usarse e utilizar o mesmo espazo para as terrazas que tiñan antes da pandemia. Ademais, deben indicar de forma clara o seu aforo e a prohibición de fumar.
Os clientes deben tamén respectar as normas, non fumar, sentarse como máximo 4 persoas por mesa e non invadir as beirarrúas.
Os establecementos comerciais deben tamén respectar as limitacións de aforo.
Polo que respecta á veciñanza, SÓ ESTÁN PERMITIDAS as reunións na vía pública dun máximo de 4 persoas, con máscara e respectando todas as medidas sanitarias.
O concello advirte de sancións aos que non respecten as restricións, está en xogo a saúde de tod@s e a reactivación da economía.
POR FAVOR, RESPECTEMOS AS NORMAS! COIDÉMONOS! GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!