subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso acolle a presentación dun documental sobre os seis ríos do municipio e a súa importancia na vida dos veciños


orosoO Concello de Oroso foi o escenario da estrea do documental ‘Oroso. No curso do tempo’, dentro da programación alternativa pola Troita 2021.

O documental fala dos seis ríos que pasan polo municipio e a súa importancia sobre a vida dos seus veciños e veciños. A través de diferentes testemuñas, lembra a tradición da pesca da troita, pero tamén destaca o impacto dos ríos na vida da xente.

“Temos que vivir cara os ríos e non darlles as costas”, asegurou antes da proxección do documental o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, que demandou “coordinación entre todas as administracións para coidar mellor os nosos ríos”.

“Oroso é un concello cun elevado patrimonio natural e paisaxístico, os ríos forman parte da nosa vida e deles sae por suposto o noso manxar, a troita”, engadiu o alcalde.

O acto, presentado pola xornalista e presentadora Belen Xestal, deu paso tras a proxección do vídeo á actuación da Banda de Música de Ordes, no último día de programación musical pola Troita 2021.