subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Convocatoria para a concesión de becas para estudos do Concello de Oroso


orosoO Concello de Oroso lembra que están en marcha as bolsas para sufragar os gastos do alumnado que curse estudos obligatorios de Educación primaria, secundaria ou 2º Ciclo de Educación Infantil, en centros públicos do Concello de Oroso (CEIP Camiño Inglés, CEIP Sigüeiro, CRA de Oroso e IES de Oroso) que fosen efectuados desde o inicio do curso escolar do exercicio presupuestario presente.

Os gastos subvencionados serán en concepto de Material escolar: mochilas, estuches..., material deportivo: Chándal, zapatillas deportivas, roupa de abrigo e calzado ou material informático.

Beneficiarios

Aqueles que ostenten a patria potestade ou tutela do alumnado que curse estudos obligatorios de educación primaria, secundaria ou 2º Ciclo de Educación Infantil, en centros públicos do Concello de Oroso que cumpran as condicións específicas previstas no artigo 3 das bases da convocatoria.

Prazo

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais desde a publicación do extracto da convocatoria no BOP.

Publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia: 29/06/2021 (BOP nº 120)
Publicación das bases reguladoras no Boletín Oficial da Provincia: 04/06/2021 (BOP nº 104)

Descargar impreso de solicitude das axudas.