subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Artistas de 25 países participan nunha nova edición do Certame Internacional Góis-Oroso Arte


orosoO alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, e a concelleira de Cultura, Vanesa Boo, participaron esta fin de semana na localidade portuguesa de Góis na inauguración dunha nova edición do certame internacional Góis-Oroso Arte.

O Góis-Oroso Arte celébrase tradicionalmente en xullo en Góis e en setembro en Oroso, pero este ano, como novidade, fará unha parada intermedia no Concello de Cangas (Pontevedra). Participan na exposición artistas de 25 paises.

“Quero agradecer a invitación da presidenta da Cámara, Lurdes Oliveira, e o agarimo co que sempre nos tratades na vosa casa, que xa tamén a sentimos como nosa desde hai anos; é ademais a miña primeira visita a Góis como alcalde de Oroso”, afirmou Luis Rey na súa intervención na inauguración.

“Oroso e o noso concello irmán de Góis abrimos un ano máis a fiestra da expresión artística para que os creadores ensinen aos nosos veciños a súa visión da realidade a través da pintura, a fotografía e a escultura”, apuntou.

Tanto o alcalde de Oroso como a presidenta da Cámara Municipal de Góis e a concelleira de Cultura de Oroso destacaron a calidade das obras, moitas delas con rererencia aos momentos máis duros da pandemia do coronavirus.

“Para o Concello de Oroso, a cultura e o diálogo con pobos amigos como o de Góis son e seguirán sendo prioridades de goberno”, engadiu Luis Rey.