subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

25 de xullo, Día Nacional de Galicia


orosoHoxe, No Día Nacional de Galicia, desde o Concello de Oroso queremos enviar unha agarimosa aperta a todos os nosos veciños e veciñas, coa esperanza de que vivades esta celebración tan especial con saúde e os vosos seres queridos.

Orgullosos da nosa terra e da nosa lingua galega, traballar na súa defensa e promoción é un compromiso do noso concello e unha tarefa común.

Feliz Día Nacional de Galicia a todos os veciños e veciñas de Oroso! Orgullos@s da nosa terra!

CANTO Ó IDIOMA GALEGO - MANUEL MARÍA

Idioma meu, homilde, nidio,
popular,
labriego, suburbial e mariñeiro
que fas avergoñar
ó burgués, ó señorito i o tendeiro:
levas sangue do povo
e raigañas escuras
que anuncian un día novo
sin mágoas nin tristuras.
Idioma proscrito,
asoballado,
soterrado,
refugado,
negado
como a probeza i o delito,
fala do emigrante e do maldito:
soio resoas nos lares das xentes populares.
¡Ti tés que rexurdir puro,
poderoso, enteiro
pra erguer noso futuro
de povo ausoluto e verdadeiro!