Cambio de ubicación do espectáculo de maxia desta tarde
O espectáculo de maxia desta tarde, de Dani García con 'Gadalka', será finalmente na praza do Concello de 17:00 a 20:00 horas.
Os pases serán de 10 minutos (oito nenos por pase) e as entradas poden recollerse de 16:30 a 17:00 horas na propia praza do Concello.
Dani García, gañador de premios como o Michigan Magic Day, o Close Up Contest IBM Rising de St. Louis ou o TAO M Texas en USA, estrea unha marabillosa proposta inspirado nas feiras e barracas clásicas.
Gadalka é unha incrible cabina como as dos videntes e autómatas das feiras que poderás visitar en grupos reducidos onde atoparás unha máxica sorpresa. Trátase dun novo concepto de espectáculo de rúa onde a audiencia achégase a desfrutar dun microespectáculo con todas as garantías sanitarias. Maxia de preto no primeiro espectáculo de rúa 100% covid-free.
En Gadalka Dani García crea un espazo único no que poder ver un asombroso número de maxia realizado por un fascinante personaxe. Achégate e descubre Gadalka!