subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso investirá 95.000 euros na mellora da rede de saneamento e abastecemento na zona de Campo de Cabanas, na parroquia de Oroso


orosoO grupo de goberno do Concello de Oroso continúa co seu plan integral de renovación da rede de saneamento e abastecemento municipal, tanto no casco urbano como nas parroquias.

Dentro deste plan, sacou a licitación as obras para mellorar a rede no núcleo do Campo de Cabanas, en Oroso e aledaños (parroquia de Oroso). A actuación suporá un investimento de 94.571 euros.

Tamén estes días, o concello sacou a licitación as obras para mellorar a rede de saneamento e abastecemento no núcleo de Os Carballos, na parroquia de Deixebre, cun investimento de 91.788 euros.

Estes traballos forman parte ademais da actuación conxunta no rural de Oroso anunciada en xullo polo grupo de goberno, con diferentes obras que suporán un investimento próximo aos 900.000 euros.