subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Implementación de tendas en liña WordPress con WooCommerce


orosoO Concello de Oroso ofrece a través da súa aula de formación un curso gratuito de creación de tendas online a través de WooCommerce da ferramenta WordPress dende o 15 de novembro ata o 18 de novembro en horario de 10:00 a 12:00 horas.

Contidos do curso
WordPress e WooCommerce
Instalación e configuración básica
Produtos
Menús e complementos
Xestión de pedidos
Como facer cupóns de desconto
Consellos

Para quen é este curso de Introdución a Wordpress?
Este curso está pensado para calquera usuario que teña manexo do ordenador a nivel usuario e servirá para que adquirir os coñecementos básicos necesarios para a posterior posta en marcha dunha tenda en Internet.
Con Woocommerce poderás poñer en marcha calquera tipo de tenda xa sexa de produtos físicos ou virtuais.
Non é necesario que ter coñecementos avanzados de WordPress para realizar este Curso, aínda que mellor e ter realizado o Curso de Introdución a WordPress e así ampliar os teus coñecementos, o que che servirá para entender mellor os termos abordados no curso.

Como funciona este Curso?
O deseño do curso é moi sinxelo a través de prácticas guiadas, require que previamente solicites a matrícula no seguinte enlace: https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37210
O curso contará con 10 prazas presenciais. No caso de non dispoñer de posibilidade de asistencia presencial poderase solicitar acceso á formación por vídeo conferencia a través do correo educaoroso@oroso.gal

Solicita a túa matricula no enlace https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/37210