subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa do comezo dos traballos de mellora e acondicionamento das pistas de acceso e vías de servizo da N-550 ao seu paso polo municipio


orosoO Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas do comezo dos traballos de mellora e acondicionamento das vías de servizo e as pistas de acceso á N-550.

Estas tarefas derivan dunha petición trasladada ao delegado do Goberno, José Miñones, por parte do alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde, e o concelleiro e deputado provincial Antonio Leira, que mantiveron recentemente unha reunión de traballo na Coruña.

“Quero agradecer a receptividade ás nosas demandas do delegado do goberno e o traballo do servizo de obras da Demarcación de Estradas, que comezaron limpando as cunetas de diferentes tramos e con esta renovación do firme das vías entre Sigüeiro e Oroso”, afirma o alcalde, Luis Rey.

As tarefas, que xa están listas no tramo entre o núcleo urbán de Sigüeiro e a parroquia de Oroso, e tamén na parroquia de Trasmonte, continuarán nas próximas semanas no resto dos viais, dando resposta ademáis ás demandas dos veciños e veciñas.

Para o Concello de Oroso, o mantemento das infraestruturas públicas é unha prioridade, polo que ten un plan de mellora continua das mesmas durante todo o ano.