Miriam Mosquera, unha moza de Oroso, premiada por difundir a campaña informativa da Unión Europea sobre alimentación segura
O concello traballa desde hai meses para ser Embaixada de Europe Direct en España
O deputado delegado de Economía e Facenda na Deputación da Coruña e concelleiro en Oroso, Antonio Leira, vén de premiar a unha moza veciña de Oroso pola súa participación na iniciativa #EuroinflUEncer de difusión de información europea impulsada polo centro.
Leira fixo entrega dunha tablet á participante, Miriam Mosquera, que contribuíu á divulgación dunha iniciativa da Unión Europea sobre seguridade alimentaria entre a mocidade.
A actividade está organizada polo centro EUROPE DIRECT A Coruña dentro do seu ClubUE, un espazo virtual pensado para achegar a mozos e mozas as oportunidades que existen dentro da UE e implicalos tanto no coñecemento como na difusión do traballo que realizan as institucións europeas.
O programa #EuroinflUEncer busca, precisamente, implicar e activar ás persoas novas na divulgación de campañas e iniciativas da Unión Europea para achegalas dunha maneira directa ao seu grupo de idade e dentro do eido local.
EMBAIXADA
O Concello de Oroso traballa desde hai meses, a través da súa Concellaría de Xuventude, para convertirse en Embaixa de Europe Direct en España, o que convertiría o municipio nun lugar clave en iniciativas e actividades impulsadas desde a UE para mozos e mozas.
A campaña difundida por Miriam Mosquera, denominada A UE elixe comida segura, está enmarcada nunha das prioridades da UE como é a promoción da alimentación segura e saudable. Durante dúas semanas, a orosana fíxose eco dos contidos da campaña #EUChooseSafeFood, realizada pola Axencia Europea de Seguridade Alimentaria en conxunto coa Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición, a través da rede social Instagram.