subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

25N NO CONCELLO DE OROSO


orosoHoxe, 25 de novembro, no Concello de Oroso recordamos ás mulleres asasinadas por violencia machista nunha concentración na praza de Isaac Diaz Pardo.

A rapazada do IES de Oroso recordounos que esto non é un día, é todo o ano, o alumnado do CEIP Sigüeiro fíxonos reflexionar cos micromachismos, e o CEIP Camiño Inglés recitou uns poemas de Lucia Aldao.

Moi agradecidos a todo o alumnado dos centros escolares do concello que colaboraron deixando a súa pegada contra a violencia machista, CEIP CAMIÑO INGLÉS, CEIP SIGÜEIRO, IES DE OROSO, CRA de OROSO, Asociación de MULLERES LOITADORAS, e ás veciñas e veciños de Oroso.