Primeira actividade do programa "Oroso de Corazón" do Concello de Oroso
O vindeiro xoves, 2 de decembro, terá lugar a primeira actividade do programa "Oroso de Corazón" ás 18:00 horas no Centro Cultural de Sigüeiro.
Esta actividade será impartida por profesionais do Centro de Saúde e centrarase nunha xornada de reanimación cardiopulmonar básica dirixida á cidadanía para saber sobre como actuar ante unha parada cardiorespiratoria ou como é o funcionamento dos dispositivos DESA.
O número de prazas será limitado a 16 persoas, sendo preciso a inscrición previa a través do teléfono 981 973 170.
O Concello de Oroso presentou esta semana a súa iniciativa ‘Oroso de Corazón’, co obxectivo de convertirse nun municipio cardioprotexido e impulsar os hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas.