subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso acende mañá, venres 3 de decembro, o seu alumeado par recibir o Nadal


orosoO Concello de Oroso acenderá o seu tradicional alumeado de Nadal este venres 3 de decembro. Una alumeado especial e variado que sorprenderá á veciñanza, con elementos novos e coa intención de que Oroso viva unhas festas especiais.

“Que ningún veciño ou veciña teña dúbidas, o concello quere que Oroso disfrute do Nadal, coidándonos entre todos e con precaución, pero sen esquecer que son unhas datas moi especiais, sobre todo para os máis pequenos”, asegura o alcalde, Luis Rey Villaverde.