subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O período medio de pago de facturas a proveedores baixa a 20 días de media no Concello de Oroso


orosoA finais do pasado mes de outubro, o Concello de Oroso notificou ao Ministerio de Facenda os últimos datos correspondentes ao período medio de pago a proveedores.

Aínda que nun primeiro momento nos datos figuraba un período medio de 39,25 días, a Intervención municipal detectou un error de cálculo no programa de contabilidade, que xa lle foi notificado ao servizo de asistencia informática aos concellos da Deputación da Coruña.

Unha vez rectificado o erro informático, publicáronse as cifras correctas, con 522.885,13 euros en facturas pagadas durante o terceiro trimestre de 2021 e un período medio de pago de 20,98 días.

O Concello de Oroso é consciente da necesidade de axilizar o máximo posible o periodo de pagos para dar liquidez a pemes e autónomos. Os 20,98 días sitúanse moi por debaixo da media galega e estatal.

O grupo de goberno considera moi importante dar información verídica e constratada sobre este tema, polo que convida a todos os grupos municipais a simplemente pedila no concello para non publicar datos erróneos.