subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Balance de Nadal en Oroso!


orosoO Concello de Oroso quere trasladar aos seus veciños e veciñas o seu agradecemento polo cumprimento das medidas e protocolos Covid durante todas as actividades da programación de Nadal.

Ademais, agradece a colaboración na cabalgata de Talleres Mario Ríos; Autos Grabanxa; Eulogio Viñal Obras e Construcións; Grupo de Pais e nais e Asociación Diver-Cidade; Forestal Santomé; Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso; Imaxson, e CEIPP Camiño Inglés.

A súa axuda foi fundamental, xunto coa Policía Local, Protección Civil e os traballadores do concello, que velaron pola seguridade e porque todo saíra ben.

Hai moito traballo detrás dun día tan importante para que as súas Maxestades se sentiran como na casa e, o mesmo tempo, intentando sempre manter e cumprir coas medidas sanitarias para protexer aos veciños/as.

No resto das actividades e obradoiros, os asistentes mostraron un moi bo comportamento, permitindo que Oroso vivise un Nadal moi especial.