subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

Aberto o prazo de matriculación nos cursos CISCO


orosoA Aula Mentor EducaOroso informa que a partir de hoxe 17 de xaneiro comeza o período de matriculación nos cursos Cisco ata o próximo 28 de xaneiro.

Os cursos que se ofertan son os seguintes:

CCNA v7: Certificación Académica CISCO en redes de computadores. Dita certificación na versión 7 consta de 3 módulos, tendo cada módulo unha duración de cinco meses.

Os alumnos que desexen completar cada módulo deberán manter activa a súa matrícula durante os cinco meses sinalados.

Módulo 1 CCNA v7: O obxectivo do curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de rede, desenvolvendo competencias necesarias para planificar e implementar redes pequenas.
Módulo 2 CCNA v7: Neste curso veranse os conceptos básicos de conmutación e encamiñamento dunha rede; axudando a planificar e implementar pequenas redes, incorporando unha gran variedade de aplicacións.
Módulo 3 CCNA v7: O obxectivo deste curso é presentar os conceptos e tecnoloxías básicas de redes; axudando a desenvolver as aptitudes necesarias para planificar e implementar redes pequenas.



CCNA CyberOps Associate: O curso formará aos alumnos en destrezas para coñecer as vulnerabilidades que se producen en Ciberseguridade, os sistemas operativos que utilizan; detectar os tipos de ataque, os métodos que utilizan; protexer os datos persoais, os corporativos, todas as infraestruturas, etc.

É recomendable que o alumnado teña coñecementos básicos dos sistemas operativos Linux e Windows, coñecemento de redes equivalente aos módulos 1 e 2 de CCNA. Duración de cinco meses.



Dev Net v1: Este curso está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en iniciarse ou perfeccionar nos conceptos e a práctica de programación de redes.

Recoméndase ter coñecementos previos de PCAP ( Programming Essentials in Python), CCNA, CCNP ou CiberOps Associate presenta as metodoloxías e as ferramentas de desenvolvemento de software moderno, aplicadas ás operacións de “Tecnoloxías da Información” e a “rede”. O contido do mesmo cobre todas as necesidades relativas a xestión de microservizos, contedores e operacións de desenvolvemento, así como a automatización segura de infraestruturas con interfaces de programación de aplicacións (API). Duración de cinco meses.



O prazo de matriculación, ata esgotar prazas, vai dende o 17 ao 28 de xaneiro, dando comenzo os cursos o 7 de febreiro.

Os cursos CISCO ofertados dentro do programa Mentor, conlevan o mesmo custo mensual que o resto dos cursos, pero neste caso seguen unha planificación establecida cunha duración de 5 meses os cursos CCNAv7, CCNA CyberOps Associate e Dev Net v1, o que conleva un prezo pechado dos mesmos de 120€.

A. Pago único coa totalidade do prezo de cada curso:
CCNA: 120€ (5 meses)
CyberOps Associate: 120€ (5 meses)
Dev Net v1: 120€ (5 meses)

B. Pago fraccionado en 2: o pago inicial será coincidente ao resto dos cursos Mentor (48€ / 2 meses), e farase unha única recarga co resto do custo que conleva o curso CISCO correspondente.
CCNA v.7: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses)
CyberOps Associate: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses)
Dev Net v1: Pago inicial 48€ (2 meses) + recarga de 72€ (3 meses)