subscricion Subscricións novas rss Novas RSS contacto Contacto

O Concello de Oroso informa das tarefas para renovar a rede de viais e camiños en varios núcleos das parroquias de Senra, Oroso e Cardama


orosoO Concello de Oroso informa aos seus veciños e veciñas dunha actuación para renovar a rede viaria nas parroquias de Senra, Oroso e Cardama.

En concreto, os traballos servirán para mellorar o firme en camiños nos lugares de Arderís e A Igrexa (Senra), Vilacide de Arriba (Oroso), e Carballas (Cardama).

“A mobilidade nos camiños do rural é moi elevada, por iso desde o concello renovamos de forma continua a rede viaria, facilitando as comunicacións e reducindo o risco de accidentes”, asegura o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde

Dando resposta ás demandas veciñais, o concello desenvolve durante todo o ano un plan integral de renovación e mantemento dos servizos e infraestruturas municipais de Oroso, tanto no casco urbano como nas parroquias.